domingo, junio 03, 2007

Xuntas pola marea, rodeadas dun abrazo de algas e areas, ata que a próxima onda as afaste a outro destiño
Posted by Picasa

domingo, abril 29, 2007

Tres son multitude



A primavera avanza a toda velocidade.
As flores espallan o pole abrindose ao vento ou aos insectos, que tamén van ao seu...

martes, febrero 20, 2007

Cita ritual


Domingo de Antroido en Vilariño de Conso, Ourense, 2007
Boteiro participante no Folión, encontro de veciños das parroquias
do contorno ao ritmo de timbais e bombos batidos sen descanso, co contrapunto metálico de aperos de labranza percutidos con pequenos martelos. Un encontro admirable.

domingo, febrero 11, 2007

Mar brava na Frouxeira, Valdoviño.
A auga esmeraldina abate as areas da praia e abraza cun salseiro milenario as rachas do vento tolo

domingo, enero 21, 2007


Val glaciario nas montañas de Ancares dende o pico de Tres Bispos.
A foto é unha diapositiva Kodachrome 64 tirada cunha reflex Asahi Pentax, para quen estes nomes lles diga algo nesta época dixital.

sábado, enero 20, 2007

Relevos

De superficie alterada, de cambios da textura, de creación de baleiros na pedra verdosa da lanzada Punta Frouxeira, Valdoviño.