sábado, diciembre 27, 2008

Un falcón do norte

Falco peregrinus calidus, falcón peregrino boreal que dende o norte de Eurasia migra ata a Península Ibérca. A súa presenza en Galicia non é ben coñecida, probablemente porque se confunde coa subespecie local, pese ao seu maior tamaño e o gusto por posarse no chan, en contra da preferencia dos falcóns galegos polos riscos e penedos.

O exemplar da foto douse un prolongado baño no río de Esmelle que desemboca na praia dese nome tras do que levantou o voo cara ao mar espantando a un bando de láridos grandes, outro elemento diferencial, xa que as gaivotas patiamarelas, fuscus e gavións permanecen indiferentes aos peregrinos locais.
Posted by Picasa

martes, diciembre 02, 2008

O reposo das invernantes

20090223-Arousa-59
Bando de gaivotas cabecinegras (Larus melanocephalus) pousadas nunha batea da Ría de Arousa (Galicia)

lunes, noviembre 24, 2008

Inmigrantes


Inmigrantes, originalmente cargada por xanesmelle.

Dous Calidris alpina descansando na praia de Esmelle
···
A couple of Calidris alpina resting in Esmelle Beach (Ferrol, Galicia, Spain)

domingo, noviembre 16, 2008


Unha gaivota que semella pomba da paz. En invernada (como nesta foto) case non ten branco que amosar, outra cousa e a testa negra que lle da o nome de Larus melanocephalus, gaivota de cabeza negra.

Un enlace con máis fotos

lunes, junio 23, 2008

martes, febrero 19, 2008

Casa de Vilar

Unha casa en Vilar, Courel. A pedra arricada ao monte viste ás xentes da casa da intemperie, apoiandose na madeira de castiñeiro do souto viciño

lunes, enero 21, 2008


Inverno, os restos dos cardos gardan a vida na súa morte aparente, rodeados do verdor das plantas tempraneiras. Pronto, da base da ruína xurdirá un novo talo, unhas novas flores para repetir a rutina asombrosa da vida.
Posted by Picasa