Falco peregrinus calidus, falcón peregrino boreal que dende o norte de Eurasia migra ata a Península Ibérca. A súa presenza en Galicia non é ben coñecida, probablemente porque se confunde coa subespecie local, pese ao seu maior tamaño e o gusto por posarse no chan, en contra da preferencia dos falcóns galegos polos riscos e penedos.
O exemplar da foto douse un prolongado baño no río de Esmelle que desemboca na praia dese nome tras do que levantou o voo cara ao mar espantando a un bando de láridos grandes, outro elemento diferencial, xa que as gaivotas patiamarelas, fuscus e gavións permanecen indiferentes aos peregrinos locais.
sábado, diciembre 27, 2008
martes, diciembre 02, 2008
O reposo das invernantes
Bando de gaivotas cabecinegras (Larus melanocephalus) pousadas nunha batea da Ría de Arousa (Galicia)
Etiquetas:
batea,
Galicia,
larus,
melanocephalus,
sea
Suscribirse a:
Entradas (Atom)