jueves, diciembre 29, 2011

Estampa de Arousa

Estampa de Arousa by xanesmelle
Estampa de Arousa, a photo by xanesmelle on Flickr.
Ceo, mar e terra. Cada un na proporción que en Arousa ten, nin un chisco máis. Entre medias o humano que aquí o toca todo: as bateas, as casas, os barcos.

A gaivota voa serpenteando columnas imaxinadas.

Earth And Fire

Earth And Fire by xanesmelle
Earth And Fire, a photo by xanesmelle on Flickr.
Pedra, barro, arxila. Liñas curvas que fan rectas. Caos ordenado con sabiduría para acoller humanos. Casas de onte e de hoxe en Cambados.

domingo, noviembre 20, 2011

Expansión

MontesSanXurxo - 09 by xanesmelle
MontesSanXurxo - 09, a photo by xanesmelle on Flickr.

As sementes da gramínea está a punto de emprender o seu camiño aéreo outonal para acadar outras -mellores?- terras.
Iranse co vento

domingo, noviembre 06, 2011

Hora de comer

Untitled by xanesmelle
Untitled, a photo by xanesmelle on Flickr.
Os baixos dos Cabalos teñen peixe, os mascatos sábeno e paran, camiño do sur, para encher os bandullos con algunha robaliza confiada.

martes, septiembre 06, 2011

Unión

Hai ornamentos con simboloxías ocultas pola súa cotidianidade. Esta aldaba vida de Escocia lembra a unidade bifaz do material.

domingo, agosto 28, 2011

Illas Sisargas

sisargas by xanesmelle
sisargas, a photo by xanesmelle on Flickr.
A xeoloxía e os elementos atmosféricos modelan os granitos da Sisarga grande. Unha gaivota patiamarela aproveita un pousadoiro privilexiado.

viernes, agosto 26, 2011

Faro de Sisargas

sisargas by xanesmelle
sisargas, a photo by xanesmelle on Flickr.


A vista do estado actual do faro da Sisarga Grande ten un punto de desolador. Vale, está automatizado e seguramente todos os sistemas funcionan correctamente. Tamén é certo que nestes tempos de bolsa fraca non están as cousas para pintar o que -case- non se ve, pero non se pode evitar unha certa mágoa ao contemplar estas paredes desconchadas e sen pintura. A Antonio, Evaristo,... os fareiros e axudantes que pasaron por aquí non lles gustaría velo. E a min tampouco.

miércoles, agosto 24, 2011

Modelado

sisargas by xanesmelle
sisargas, a photo by xanesmelle on Flickr.
A man do xigante natural levou o material destes granitos deixando as formas curvas tinguidas do amarelo e gris dos liques.

sábado, julio 30, 2011

Regalo de cumpreanos

Untitled by xanesmelle
Untitled, a photo by xanesmelle on Flickr.

Tres abelleiros tiveron a ben pasarse sobre o meu lugar no día do meu (58) cumpleaños. Un bo regalo para os ollos e a data ver a este macho fase clara e femia fase escura dar unhas voltas mentras collía a cámara e tiraba con 500 mm a pulso, deus me perdoe. Polo menos sabemos a filiación da parella (ollo á cola da femia e a un tercero ejemplar que non sae nas fotos, un polo?)

lunes, julio 18, 2011

Bosque animado

Bosque animado by xanesmelle
Bosque animado, a photo by xanesmelle on Flickr.
Fernández Flórez, Don Wenceslao, recolle no seu "Bosque animado" a fachenda do poste da luz ante ás árbores da fraga de Cecebre, fascinadas pola súa estilosa porte. O paso do tempo, a couza e unha tormenta dou coa beleza artificial no chan da fraga.
Que pasará cos novos veciños do bosque?

sábado, julio 16, 2011

Esquinas de luz

Esquinas de luz by xanesmelle
Esquinas de luz, a photo by xanesmelle on Flickr.

Os faros alumean pola noite, mais durante o día atrapan os raios da luz solar para deslumbrar a vista dos vagarosos navegantes, aos que tamén deixa descansar en perfiladas sombras.

Denociña

Denociña by xanesmelle
Denociña, a photo by xanesmelle on Flickr.

Foto dunha cría de Denociña (Mustela nivalis) atopada en 1980 nunha estrada ourensá que cruzaba a súa nai con ela nos dentes. Sorprendidas polo meu Land Rover, quedou na calzada. Tras fografala nos brazos desta xeeomorfóloga holandesa, deixámola ceibe por onde fuxira a súa nai. Kodachrome (para quen lle diga algo) escaneada nun Minolta Dimage II.

jueves, julio 07, 2011

Rara avis


Merlo azul en lingua galega, Roquero Solitario en castelán son nomes que definen ben a esta ave fermosa e esquiva da que onte atopei unha femia e o seu poliño nos cantís de Punta Chirlateira, en Valdoviño.
Unha pequena gravación en vídeo coa cámara do móbil e o telescopio permitiu recoller o momento.

domingo, junio 05, 2011

Amencer en A Degrada, Ancares

A mañá comeza paseniñamente na montaña, agás para o malvís cantareiro e o camiñante madrugador.

martes, mayo 24, 2011

Barras en verde


BarrasEnVerde, originalmente cargada por xanesmelle.

Luz de mediodía atrapada nunha porta do vello casco de Rivadavia

lunes, mayo 02, 2011

Fulica atra


Fulica atra, originalmente cargada por xanesmelle.

Decembro de 1973. Un bando de galiñola negra común nada tranquilamente na lagoa. Ao fondo vense evidencias da construcción da malfadada pista recuperada no Programa Life.

domingo, marzo 20, 2011



Arelo: Espiñazo, sobre todo referido aos animais. Que levou ao propietario da gamela a elixir este nome?.

lunes, marzo 14, 2011

RAM

Red de observación de aves mariñas. Unha rede de observadores voluntarios que dedican tres horas de cada primeiro sábado de mes para recontar as aves mariñas migradoras que rodean a Península Ibérica. O obxectivo: facerser unha idea dos patróns de migración das fascinantes aves que viven en e de o medio mariño.
Máis información en http://redavesmarinas.blogspot.com/

Aquí un pequeno feixe de fotos do noso lugar de observación o Cabo Prior (Ferrol, A Coruña).



lunes, marzo 07, 2011

Spiderman On The Rocks

A mole granítica de Cabo Prior semella un puzzle tridimensional onde as fendas separan xigantescas pezas poliédricas e axudan ao escalador auparse sobre as pedras do coído e das ondas

jueves, marzo 03, 2011

Soidade


Courel, originalmente cargada por xanesmelle.

Pasabamos polo lugar, baixo a súa venta, nunha caminata polas terras do Courel. De súpeto, da fiestra aberta para airear a sala, xurdíu a súa figura rexa, ergueita na súa curvatura da vida, e saudounos. Máis, louvou a oportunidade de falar con alguén, de falarnos, de contarnos quen a atendía, que facía, como pasaba o día, como pasaban os días.
Adeus, descoñecida solitaria.

miércoles, febrero 16, 2011

TEAU


Na foto TEAU, Taller de Encuadernación Artesanal de Urueña.


Tómese unha vila castelá, con casas de adobe rodeadas de murallas. Engadir un par de músicos singulares como Joaquín Díaz e Luís Delgado con sendos museos, sete libreiros libres, un taller de encadernación artesanal, varios restaurantes con viandas da meseta e nomes como Pago de Marfeliz, casas rurais, unha deputación provincial que apoia, axítese durante vinte anos e aí temos Urueña, a vallisoletana Villa del Libro.
Un fantástico lugar a unhas tres horas de Galicia, a visitar especialmente fóra das datas vacacionais, para poder falar cos veciños e pasear de vagar polas rúas circulares.
E de postre, unha ollada ao magnífico museo de instrumentos de Luís Delgado.








miércoles, febrero 09, 2011

Sobrado dos Monxes


Sobrado dos Monxes, originalmente cargada por xanesmelle.

A lagoa, varios centos de cercetas na auga, unhas pacas de herba no prado segado e unha mañana espléndida de domingo. Que máis se pode pedir?

domingo, febrero 06, 2011

Día de RAM en Prior

Que se pode facer un sábado de Febreiro ás 9 da mañá? Pois irse a un cabo a ver como pasan aves mariñas migradoras. Este foi un día grande, seis observadores, seis, nunha mañá soleada de forte mar de fondo e mascatos vagarosos pasando aos nosos pés.

domingo, enero 23, 2011

Garzas, 2


Garzas2, originalmente cargada por xanesmelle.
Sábado, 08:45. Censo de aves acuáticas da Ría de Ferrol. Un frío que pela grazas a un vento Nordés implacable que nin as plumas das garzas superan. De súpeto o Pai Sol inza o esceario de raiolas, enchendo todo de reflexos dourados, captados nun digiscoping improvisado.

lunes, enero 17, 2011

Linterna


Linterna, originalmente cargada por xanesmelle.

O día invirte os papeis e a linterna recibe a luz do pai Sol; a noite voltaralle ao faro o protagonismo rachando as tebras coa súa lun escincilante.

sábado, enero 08, 2011

Os Cabalos


Os Cabalos, originalmente cargada por xanesmelle.
Os Cabalos é o nome destes illotes do Cabo Prior, restos dun acantilado granítico en retroceso ante os golpes da mar. Acollen unhas ducias de aves mariñas por riba das augas, e un tesouro de robalos, maragotas e polbos baixo delas, paseantes dun bosque de sargazos que as ondas axitan.

domingo, enero 02, 2011

Winter Survival, Doniños Decembo, 31th

O día é curto, hai que aproveitar cada minuto para alimentarse.

Winter Survival, Doniños Decembo, 31th

Como resisteu o inverno con esas alas a cachos?.
Unha raiola de sol descubreu esta Vanessa atalanta no contorno da lagoa de Doniños coas ás moi danadas.
Esta especie é unha das últimas en voar no inverno, pero este exemplar probablemente tería moitos avatares que contar.