martes, diciembre 25, 2012

Ausencia

Ausencia by xanesmelle
Ausencia, a photo by xanesmelle on Flickr.
A pegada do ausente, do que estivo e desapareceu, o que marchou deixando a súa impronta para ser lavada pola auga e a luz.

lunes, diciembre 24, 2012

domingo, noviembre 25, 2012

Tesouros ocultos

A colonia de Marsilea quadrifolia residente nun recanto de Ourense (http://tinyurl.com/cej2tnq). Unha xoia que nos lembra o valor do discretamente presente. Foto SGHN.

domingo, septiembre 09, 2012

Nai e fillos · Mother & children · Sep 2012

Untitled by xanesmelle
Untitled, a photo by xanesmelle on Flickr.
Hai procesos que acontecen sen intervención humana (ou a pesar dela). As crías de arroás seguen protexidas polo grupo familiar á busca de peixe na Ría de Arousa.
There are events that do not require human intervention, or in spite of it. Young dolphins travel protected by his family

Marisqueo a flote

Untitled by xanesmelle
Untitled, a photo by xanesmelle on Flickr.
Unha Gavita (Haematopus ostralegus) degustando mexillóns ao límite da marea.

viernes, agosto 31, 2012


Cedeira, camiño de subida a Chiparra, un dos máis fermosos acantilados de Galicia (do mundo?), na ascensión polo santuario xeolóxico da serra, unha saliña a ceo aberto, a penas cuberta por un piñeiro, invita a parar e sentarse nunhas sillas desfeitas pola intemperie, a pousar unha taza imaxinaria nunha mesa que algunha ver tivo un vidro e, saboreando unha infusión inexistente, pensar en quen subiría este mobiliario a un miradoiro sublime. Xente sensible

domingo, agosto 26, 2012

Vela

Vela by xanesmelle
Vela, a photo by xanesmelle on Flickr.
No medio da auga -auga no mar, auga, nas nubes, auga no aire- un triángulo branco chama a atención. A vela impulsa unha historia humana, unha orixe lonxana e un destino a definir. Historias anónimas sen moita importancia fóra dos protagonistas. E do espectador

martes, junio 26, 2012

Flores Self-Service



Flores Self-Service Flores Self-Service, a photo by xanesmelle on Flickr.
Unha brazada de froles apañadas na mañanciña. Un caixa para os pagos da mercaduría. Dámaso ofrece, non pide.

lunes, abril 23, 2012

Set

Set by xanesmelle
Set, a photo by xanesmelle on Flickr.

Orden e concerto. Esperando o momento para server de soporte, as sillas repousan contra o muro.

martes, febrero 14, 2012

Impotencia

Impotencia by xanesmelle
Impotencia, a photo by xanesmelle on Flickr.

As veces, a realidade dos feitos sobarda o peor dos pesadelos, como ver as areas da praia amada levantadas pola prepotencia dos ordenadores do territorio.

domingo, enero 29, 2012

Pouca luz e moitas sombras

Untitled by xanesmelle
Untitled, a photo by xanesmelle on Flickr.
Días de incerteza sobre a Lagoa da Frouxeira con presencia de maquinaria pesada alterando areas e rochas nunca removidas...
Se saberá o que está a facer? Témome que non.