viernes, agosto 31, 2012


Cedeira, camiño de subida a Chiparra, un dos máis fermosos acantilados de Galicia (do mundo?), na ascensión polo santuario xeolóxico da serra, unha saliña a ceo aberto, a penas cuberta por un piñeiro, invita a parar e sentarse nunhas sillas desfeitas pola intemperie, a pousar unha taza imaxinaria nunha mesa que algunha ver tivo un vidro e, saboreando unha infusión inexistente, pensar en quen subiría este mobiliario a un miradoiro sublime. Xente sensible

domingo, agosto 26, 2012

Vela

Vela by xanesmelle
Vela, a photo by xanesmelle on Flickr.
No medio da auga -auga no mar, auga, nas nubes, auga no aire- un triángulo branco chama a atención. A vela impulsa unha historia humana, unha orixe lonxana e un destino a definir. Historias anónimas sen moita importancia fóra dos protagonistas. E do espectador