lunes, mayo 02, 2011

Fulica atra


Fulica atra, originalmente cargada por xanesmelle.

Decembro de 1973. Un bando de galiñola negra común nada tranquilamente na lagoa. Ao fondo vense evidencias da construcción da malfadada pista recuperada no Programa Life.

domingo, marzo 20, 2011



Arelo: Espiñazo, sobre todo referido aos animais. Que levou ao propietario da gamela a elixir este nome?.

lunes, marzo 14, 2011

RAM

Red de observación de aves mariñas. Unha rede de observadores voluntarios que dedican tres horas de cada primeiro sábado de mes para recontar as aves mariñas migradoras que rodean a Península Ibérica. O obxectivo: facerser unha idea dos patróns de migración das fascinantes aves que viven en e de o medio mariño.
Máis información en http://redavesmarinas.blogspot.com/

Aquí un pequeno feixe de fotos do noso lugar de observación o Cabo Prior (Ferrol, A Coruña).



lunes, marzo 07, 2011

Spiderman On The Rocks

A mole granítica de Cabo Prior semella un puzzle tridimensional onde as fendas separan xigantescas pezas poliédricas e axudan ao escalador auparse sobre as pedras do coído e das ondas

jueves, marzo 03, 2011

Soidade


Courel, originalmente cargada por xanesmelle.

Pasabamos polo lugar, baixo a súa venta, nunha caminata polas terras do Courel. De súpeto, da fiestra aberta para airear a sala, xurdíu a súa figura rexa, ergueita na súa curvatura da vida, e saudounos. Máis, louvou a oportunidade de falar con alguén, de falarnos, de contarnos quen a atendía, que facía, como pasaba o día, como pasaban os días.
Adeus, descoñecida solitaria.

miércoles, febrero 16, 2011

TEAU


Na foto TEAU, Taller de Encuadernación Artesanal de Urueña.


Tómese unha vila castelá, con casas de adobe rodeadas de murallas. Engadir un par de músicos singulares como Joaquín Díaz e Luís Delgado con sendos museos, sete libreiros libres, un taller de encadernación artesanal, varios restaurantes con viandas da meseta e nomes como Pago de Marfeliz, casas rurais, unha deputación provincial que apoia, axítese durante vinte anos e aí temos Urueña, a vallisoletana Villa del Libro.
Un fantástico lugar a unhas tres horas de Galicia, a visitar especialmente fóra das datas vacacionais, para poder falar cos veciños e pasear de vagar polas rúas circulares.
E de postre, unha ollada ao magnífico museo de instrumentos de Luís Delgado.








miércoles, febrero 09, 2011

Sobrado dos Monxes


Sobrado dos Monxes, originalmente cargada por xanesmelle.

A lagoa, varios centos de cercetas na auga, unhas pacas de herba no prado segado e unha mañana espléndida de domingo. Que máis se pode pedir?

domingo, febrero 06, 2011

Día de RAM en Prior

Que se pode facer un sábado de Febreiro ás 9 da mañá? Pois irse a un cabo a ver como pasan aves mariñas migradoras. Este foi un día grande, seis observadores, seis, nunha mañá soleada de forte mar de fondo e mascatos vagarosos pasando aos nosos pés.

domingo, enero 23, 2011

Garzas, 2


Garzas2, originalmente cargada por xanesmelle.
Sábado, 08:45. Censo de aves acuáticas da Ría de Ferrol. Un frío que pela grazas a un vento Nordés implacable que nin as plumas das garzas superan. De súpeto o Pai Sol inza o esceario de raiolas, enchendo todo de reflexos dourados, captados nun digiscoping improvisado.

lunes, enero 17, 2011

Linterna


Linterna, originalmente cargada por xanesmelle.

O día invirte os papeis e a linterna recibe a luz do pai Sol; a noite voltaralle ao faro o protagonismo rachando as tebras coa súa lun escincilante.

sábado, enero 08, 2011

Os Cabalos


Os Cabalos, originalmente cargada por xanesmelle.
Os Cabalos é o nome destes illotes do Cabo Prior, restos dun acantilado granítico en retroceso ante os golpes da mar. Acollen unhas ducias de aves mariñas por riba das augas, e un tesouro de robalos, maragotas e polbos baixo delas, paseantes dun bosque de sargazos que as ondas axitan.

domingo, enero 02, 2011

Winter Survival, Doniños Decembo, 31th

O día é curto, hai que aproveitar cada minuto para alimentarse.

Winter Survival, Doniños Decembo, 31th

Como resisteu o inverno con esas alas a cachos?.
Unha raiola de sol descubreu esta Vanessa atalanta no contorno da lagoa de Doniños coas ás moi danadas.
Esta especie é unha das últimas en voar no inverno, pero este exemplar probablemente tería moitos avatares que contar.

miércoles, diciembre 29, 2010

Gardar as distancias

A pesca excesivamente próxima á costa causa danos no sustrato mariño, agota os recursos e ameaza ás aves mariñas. Neste vídeo, grabado por digiscoping cun móbil, apréciase un pesqueiro largando aparello a decenas de metros dos illotes dos Cabalos (Cabo Prior, Covas, Galicia) unha  pequena pero interesante colonia de aves mariñas.





lunes, noviembre 08, 2010

Courel-3


Courel, originalmente cargada por xanesmelle.

Onde a vista vai, beleza ofreces.

Courel de outono
vestido de festa
esperado por nós

Courel-2


Courel, originalmente cargada por xanesmelle.

Mans dilixentes estibaron a leña para un forno de panadería.
Os labores pódense facer de mil maneiras, a vista agradece cando o resultado do cotián ten beleza.

Courel-1


Courel, originalmente cargada por xanesmelle.
Bastantes aldeas -pobos na fala courelá- están a ser restauradas, pero moitas casas teñen as portas e ventás pechadas por máns que están lonxe. Ou que quizá non están.
Courel precisa ser visitado para dar vida económica ás casas rurais, á unha terra que está a despoboarse vertixinosa e silentemente.

lunes, agosto 23, 2010

lunes, julio 12, 2010

Ortigal dende Céltigos

En Ortegal remata o mundo. Un mundo. Dende o cemiterio de Céltigos -nome de resoancias antergas- as cruces das tumbas érguense coma os Aguillóns que meten o cabo no mar.

lunes, julio 05, 2010

Doniños, Stormy Weather


Doniños, Stormy Weather, originalmente cargada por xanesmelle.

Autopista, o mar. Os buques van facendo rutas invisibles por sendas compartidas cos arroases, as gaivotas e as nubes. Estas, hoxe, descargan lonxe a chuvia, quizá sobre outro buque.

miércoles, junio 23, 2010

A noite de San Xoán


NoiteSanXoán, originalmente cargada por xanesmelle.
A noite de San Xoán de 2010 en Esmelle. Un sol vagaroso afúndese
no mar apresa, para deixar a noite máxica, a noite máis curta do ano.

martes, junio 22, 2010

Lagarteiro mariñán


Un lagarteiro (Falco tinnunculus), recén abandonado o niño, mira con curiosidade ao fotógrafo: Aínda non recela moito dos humanos, un adulto non toleraría esta distancia. Baixo del, a rocha cuberta de liques e pradeira litoral recortanse contra o mar dun denso azul

domingo, mayo 23, 2010

Ao límite · Fisher Sea Man

Ao límite · Fisher Sea Man
Onde está o límite da sensatez? Que nos leva ao borde do abismo? Quizá o reto de superar algo que non fixeramos antes.

sábado, mayo 22, 2010

Terra, aire, lúa · Earth, Sky, Moon

Superficie?, baleiro? masa? O ollo (a mente) permite abstraer -enganar- a realidade buscando formas que, están?

jueves, mayo 13, 2010

Túnel

Túnel

Uns inmensos dedos de vapor peneiran as raiolas dun solpor
    de platos e timbais
       silentes.

martes, mayo 11, 2010

Haematopus


Haematopus2, orixinalmente cargada por xanesmelle.
1984, Os Farallóns, un illote perdido no Cantábrico fronte á costa de San Cibrao. Unha visita con Andrés e Isabel nos descubríu un niño de Gavita (Haematopus ostralegus), con este polo escondido entre as herbas escasas das penas.
Unha anela de aluminio colocada no seu tarso o marcou para que Jorge, 2009, o atopara xa adulto, criando a outros coma el.

Haematopus1

As mans de Isabel sosteñen o polo antes de liberalo.

jueves, mayo 06, 2010

Sudario de auga · Water Shroud


Sudario de auga, orixinalmente cargada por xanesmelle.
Os humanos levamos a auga dentro, os golfiños dentro e fóra, como envoltura, como sudario de seda acuosa.

martes, mayo 04, 2010

Nube vertical


Nube vertical, orixinalmente cargada por xanesmelle.
Auga visible e invisible. Auga subindo das árbores, baixando en chuvia. Auga deixando ocos de ceo claro. Auga.

miércoles, abril 28, 2010

HeliCop


HeliCop, originalmente cargada por xanesmelle.
Un incendio forestal obriga a viaxes incesantes de helicóptero. Centos de litros de queroseno queimados para apagar un lume.

miércoles, abril 21, 2010

Green Ray







Hai un intre, entre a luz e as tebras, no que a maxia do día se condensa, dando ilusión de serenidade para pechar o círculo cotián.

domingo, abril 11, 2010

Praia a flote


A foto é o que é, un buque pasando a 2 millas de distancia un día soleado. Pero a calima deixa ver un bando de varios centos de gaivotas usando a cuberta como praia aboiante distraendo, quizá, a navegación dun tripulante aburrido.

sábado, abril 10, 2010

miércoles, marzo 24, 2010

Equinocio de Primavera en Asturias

Asturies, Equinocio de Primavera

Un inverno que non se resigna a marchar, unha primavera que pula por saír. 
Ao sur de Oviedo, nas terras de Quirós, as neves aínda resisten nos cumes mentres os prados verdean

domingo, febrero 28, 2010

Buques de pedra, buques de ferro

Hai buques de pedra e vida asentados en coordenadas fixas, disputando un baleiro ao aire e á auga. Hai buques de ferro, navegantes condenados ao vai e ven de decisións humanas, que saen do cadro da mirada do viaxeiro atento.

martes, febrero 09, 2010

Rasa

De Pena Roiba
Unha vista da rasa de Penarroiba en Covas (Ferrol, Galicia, España). Al fondo a praia de San Xurxo-Esmelle.

domingo, enero 17, 2010

Where to go?


Where to go?, originalmente cargada por xanesmelle.
Arriba, abaixo, Norte, Sur?
Os mascatos e as gaivotas ascendían nunha espiral de aparente indecisión sulcando as capas de auga e nubes.

Neve nos montes


201001-RAM-4, originalmente cargada por xanesmelle.

09:30 da mañán do nove de xaneiro. Censo de RAM (paso de aves mariñas) dende o Cabo Prior. Todos os montes por riba dos 300 metros aparecen nevados tras a rasa mariña de Punta Frouxeira. Mentres, mascatos e gaivotas ascenden entre as nubes como non sabendo ben a é posible ir un día como hoxe.

jueves, enero 07, 2010

Chovendo xeo


Chovendo xeo, originalmente cargada por xanesmelle.

As gaivotas renunciaron a usar un aire que lles traía o xeo.

Baixo a saraiba

 
Cargada por xanesmelle.
Día 7 de xaneiro. Festa en Ferrol, tormenta, frío, neve e un día marabilloso para visitar á lagoa da Frouxeira. E entón caeu esta saraiba implacable que retivo a aves e ornitólogo chantados baixo a saraiba.

sábado, diciembre 26, 2009

Culleretes


Anas clypeata, orixinalmente cargada por xanesmelle.
Grupo de culleretes, que destacan polo peito branco dos adultos, rematado cunha cabeza verde.

martes, diciembre 08, 2009

Matices
Unha pedra en mitade da praia, rodeada de areas espalladas polas augas das ondas. As cores, dende o beis ao negro falan da variedade de minerais da zona

sábado, noviembre 14, 2009

Surfers


2-Sta_Comba (31 of 38), originalmente cargada por xanesmelle.
Surfeando as ondas. A parella de gaivota sombría aproveita a onda para avanzar cun forte vento sur.

Tormenta

2-Sta_Comba (34 of 38)
Non foi o Klaus, pero as prais notaron a súa pegada e as aves mariñas pasaron tocando as herbas do cantil.

lunes, noviembre 09, 2009

Pasado o verán, avanzado o outono, as tardes de praia espida achegan ao cabaleiro ás augas.

martes, octubre 13, 2009

Carráns de batea

Unha plataforma de madeira. Un ecosistema artificial que as aves aproveitan para desacansar a salvo.

Resting Travellers

domingo, septiembre 06, 2009

FaroPriorLúa


FaroPriorLúa (4 of 6), originalmente cargada por xanesmelle.

Indo e vindo, coming and ending, os círculos que están aí.

Unha 'posta de lúa' sobre o faro de Cabo Prior. 5 de setembro 2009

Ring


Ring (1 of 1), originalmente cargada por xanesmelle.

Unha gaivota fotografiada na Praia de Esmelle (Ferrol)

martes, abril 07, 2009

O falcón do norte

Xa se deixara ver este Falco peregrinus calidus, pero o sábado pasado protagonizóu dende os penedos de Cabo Prior unha exhibición de caza -fallida, iso si- espectacular, cargando nin máis nin menos que contra unha Pardela cincenta, a primeira vez, e intentando capturar unha Gaivota patiamarela. Moita ousadía ou moita fame amosou nese día de mar calma e grisenta.

Mestura

Auga, río, ondas, praia, mar.

Unha senda marcada por unha rutina cíclica que lle deixa aos ollos vagarosos a oportunidade de ver o cambio do contínuo e captar o instante do que é invisible á vista.
Posted by Picasa