sábado, febrero 28, 2009

Preñez na Praia de Esmelle


Preñez na Praia de Esmelle, originalmente cargada por xanesmelle.
A praia é lugar de paso para moitos seres, incluso portadores de outros seres

martes, febrero 24, 2009

 Medio día en Arousa, un grupo de Larus canus repousa nunha batea de mexillón. As cabezas xa amosan o cambio de plumaxe e unha anela verde con cifras brancas, 295, falan de que este exemplar pasou polas mans dun ornitólogo. 
Posted by Picasa

miércoles, febrero 04, 2009

Golfiños


Golfiños, originalmente cargada por xanesmelle.

Un golfiño sulca augas tranquilas ao oeste das Illas Sisargas
··
A dolphin covered by a silky water west to the Sisargas Islands (Galicia, Spain)

sábado, diciembre 27, 2008

Un falcón do norte

Falco peregrinus calidus, falcón peregrino boreal que dende o norte de Eurasia migra ata a Península Ibérca. A súa presenza en Galicia non é ben coñecida, probablemente porque se confunde coa subespecie local, pese ao seu maior tamaño e o gusto por posarse no chan, en contra da preferencia dos falcóns galegos polos riscos e penedos.

O exemplar da foto douse un prolongado baño no río de Esmelle que desemboca na praia dese nome tras do que levantou o voo cara ao mar espantando a un bando de láridos grandes, outro elemento diferencial, xa que as gaivotas patiamarelas, fuscus e gavións permanecen indiferentes aos peregrinos locais.
Posted by Picasa

martes, diciembre 02, 2008

O reposo das invernantes

20090223-Arousa-59
Bando de gaivotas cabecinegras (Larus melanocephalus) pousadas nunha batea da Ría de Arousa (Galicia)

lunes, noviembre 24, 2008

Inmigrantes


Inmigrantes, originalmente cargada por xanesmelle.

Dous Calidris alpina descansando na praia de Esmelle
···
A couple of Calidris alpina resting in Esmelle Beach (Ferrol, Galicia, Spain)

domingo, noviembre 16, 2008


Unha gaivota que semella pomba da paz. En invernada (como nesta foto) case non ten branco que amosar, outra cousa e a testa negra que lle da o nome de Larus melanocephalus, gaivota de cabeza negra.

Un enlace con máis fotos

lunes, junio 23, 2008

martes, febrero 19, 2008

Casa de Vilar

Unha casa en Vilar, Courel. A pedra arricada ao monte viste ás xentes da casa da intemperie, apoiandose na madeira de castiñeiro do souto viciño

lunes, enero 21, 2008


Inverno, os restos dos cardos gardan a vida na súa morte aparente, rodeados do verdor das plantas tempraneiras. Pronto, da base da ruína xurdirá un novo talo, unhas novas flores para repetir a rutina asombrosa da vida.
Posted by Picasa

domingo, junio 03, 2007

Xuntas pola marea, rodeadas dun abrazo de algas e areas, ata que a próxima onda as afaste a outro destiño
Posted by Picasa

domingo, abril 29, 2007

Tres son multitude



A primavera avanza a toda velocidade.
As flores espallan o pole abrindose ao vento ou aos insectos, que tamén van ao seu...

martes, febrero 20, 2007

Cita ritual


Domingo de Antroido en Vilariño de Conso, Ourense, 2007
Boteiro participante no Folión, encontro de veciños das parroquias
do contorno ao ritmo de timbais e bombos batidos sen descanso, co contrapunto metálico de aperos de labranza percutidos con pequenos martelos. Un encontro admirable.

domingo, febrero 11, 2007

Mar brava na Frouxeira, Valdoviño.
A auga esmeraldina abate as areas da praia e abraza cun salseiro milenario as rachas do vento tolo

domingo, enero 21, 2007


Val glaciario nas montañas de Ancares dende o pico de Tres Bispos.
A foto é unha diapositiva Kodachrome 64 tirada cunha reflex Asahi Pentax, para quen estes nomes lles diga algo nesta época dixital.

sábado, enero 20, 2007

Relevos

De superficie alterada, de cambios da textura, de creación de baleiros na pedra verdosa da lanzada Punta Frouxeira, Valdoviño.

domingo, noviembre 19, 2006

Unha pedra no camiño


Froitos de tempada, mazás, castañas, e píntigas esmagadas en cada estrada e pista do país
Posted by Picasa