miércoles, febrero 16, 2011

TEAU


Na foto TEAU, Taller de Encuadernación Artesanal de Urueña.


Tómese unha vila castelá, con casas de adobe rodeadas de murallas. Engadir un par de músicos singulares como Joaquín Díaz e Luís Delgado con sendos museos, sete libreiros libres, un taller de encadernación artesanal, varios restaurantes con viandas da meseta e nomes como Pago de Marfeliz, casas rurais, unha deputación provincial que apoia, axítese durante vinte anos e aí temos Urueña, a vallisoletana Villa del Libro.
Un fantástico lugar a unhas tres horas de Galicia, a visitar especialmente fóra das datas vacacionais, para poder falar cos veciños e pasear de vagar polas rúas circulares.
E de postre, unha ollada ao magnífico museo de instrumentos de Luís Delgado.








miércoles, febrero 09, 2011

Sobrado dos Monxes


Sobrado dos Monxes, originalmente cargada por xanesmelle.

A lagoa, varios centos de cercetas na auga, unhas pacas de herba no prado segado e unha mañana espléndida de domingo. Que máis se pode pedir?

domingo, febrero 06, 2011

Día de RAM en Prior

Que se pode facer un sábado de Febreiro ás 9 da mañá? Pois irse a un cabo a ver como pasan aves mariñas migradoras. Este foi un día grande, seis observadores, seis, nunha mañá soleada de forte mar de fondo e mascatos vagarosos pasando aos nosos pés.