Na foto TEAU, Taller de Encuadernación Artesanal de Urueña.
Tómese unha vila castelá, con casas de adobe rodeadas de murallas. Engadir un par de músicos singulares como Joaquín Díaz e Luís Delgado con sendos museos, sete libreiros libres, un taller de encadernación artesanal, varios restaurantes con viandas da meseta e nomes como Pago de Marfeliz, casas rurais, unha deputación provincial que apoia, axítese durante vinte anos e aí temos Urueña, a vallisoletana Villa del Libro.
Un fantástico lugar a unhas tres horas de Galicia, a visitar especialmente fóra das datas vacacionais, para poder falar cos veciños e pasear de vagar polas rúas circulares.
E de postre, unha ollada ao magnífico museo de instrumentos de Luís Delgado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario