viernes, agosto 31, 2012


Cedeira, camiño de subida a Chiparra, un dos máis fermosos acantilados de Galicia (do mundo?), na ascensión polo santuario xeolóxico da serra, unha saliña a ceo aberto, a penas cuberta por un piñeiro, invita a parar e sentarse nunhas sillas desfeitas pola intemperie, a pousar unha taza imaxinaria nunha mesa que algunha ver tivo un vidro e, saboreando unha infusión inexistente, pensar en quen subiría este mobiliario a un miradoiro sublime. Xente sensible

No hay comentarios: